Cervera

Un artigo de Montse Pena levoume a outro de Cervera entre os dous fixéronme reorientar un pouco a miña proposta incial, sobre a consideración e o traballo con literatura infantil a pertinencia ou non do uso didáctico.. O segundo conta ademais cunha bibliografia moi interesante con recursos para traballar literatura nas aulas

O de Montse Pena 

Aí vai Cervera 

 

Advertisements

Contar contos CONTA

Dentro da serie Educación non Exista atópase un dedicado aos contos, Contar cuentos cuenta. Este caderno de De Almudena Mateos e Itxaso Sasiain con fermosísimas ilustracións de Mónica Carretero configura unha boa guía para entender a transmisión dos roles de xénero na literatura infantil, tamén contén interesantes propostas para traballar na aula por idades, e unha listaxe cos seus tesouros encontrados (aqueles libros inspiradores para elas). Todo isto nunha narración que nos fai sentir todo o tempo no medio dun conto, moi recomendable para iniciarse no tema.

Proxectos Instituto da muller

Lendo o artigo de Laura Torres NUEVOS RETOS PARA LA ESCUELA COEDUCATIVA.
INICIATIVAS Y EXPERIENCIAS PARA LA PREVENCIÓN DE LA VIOLENCIA DE GÉNERO
EN LAS AULAS: UNA MIRADA GENERAL. Cheguei a unha serie de proxectos do Instituto da Muller que nos achegan a unha grande cantidade de material: formación para o profesorado, recursos de aula… especialmente interesante é o proxecto de materiais didácticos para a educación en igualdade que presenta proxectos de música, trata de seres humanos , 130 propostas para a coeducación (xa mencionado) e poemas.

Proxectos Instituto da Muller 

Dentro deste artigo de Laura Torres chegamos ao proxecto: Menos es más: cine para ser la voz de quienes callan. Unha guía didáctica para traballar a través do audiovisual a equidade de xénero.

O propio artigo de Laura Torres contén unha achega moi significativa a diferentes recursos a noso alcance e diferentes iniciativas. Podedes consultar aquí ese e tódolos artigos do número 23 da revista Tabanque dedicado á revención da violencia de xénero.